Os veciños piden semáforos e un paso de peóns en Rosalía de Castro
Por Redacción
A Asociación de Veciños San Roque presentou unha solicitude ao Concello para que se habilite dun paso de peóns cun semáforo na rúa Rosalía de Castro, á altura do número 84.
Os veciños da zona que queixanse dos problemas de tráfico existentes debido a que neste lugar atópase o centro de día Sisae, a Casa do Mar e os xardíns de Fontesanta.
Alertan de que hai uns días houbo un atropelo dun neno, polo que piden máis medidas de seguridade vial na zona.