Un "pequeno paso" para os sindicatos pero "un gran salto" para a patronal
Por Oskar Viéitez
Parafraseando á célebre cita do astronauta Neil Amstrong, os sindicatos CIG, UGT e CC OO definiron como un "pequeno paso" mais "insuficiente" o que para os empresarios do sector da alimentación foi "un gran salto" ao poñer encima da mesa negociadora a segunda proposta de convenio provincial que evite a temida folga de Semana Santa.
"Isto é só o arranque da negociación", sinalaban nunha reflexión compartida pola maioría dos traballadores que asistiron á primeira das asembleas previstas no Salón de actos do edificio dos sindicatos en Pontevedra (o venres foi a primeira e o domingo a seguinte).
Están convocados a este paro máis de 14.000 traballadores
As espadas seguen no alto, e a convocatoria provincial de folga polo tanto mantense para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo. Están convocados a este paro máis de 14.000 traballadores, entre eles están cadeas de supermercados como Froiz, Gadis, Hiperxel ou Lidl.
Os prazos acúrtanse e por iso desde a patronal do sector demandaron outra reunión con urxencia, será o martes 19 de marzo.
Relacionadas:
-
Os traballadores non aceptan os recortes e manteñen a folga no comercio e alimentación
Por Oskar Viéitez |
-
A patronal da alimentación cita os sindicatos este venres co propósito de frear a folga de Semana Santa
Por Anxo Lourido |
-
Os sindicatos intentarán impoñer o xaxún toda a Semana Santa
Por Natalia Puga |