Xustiza di que entre 2017 e 2018 resolverá o caos documental nos xulgados de Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5cd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/58f657d3d6-img-20170418-wa0004.jpg)
© Alternativas na Xustiza-CUT
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, alertou este mércores de que a Consellería de Xustiza ten previsto intervir nos xulgados 2 e 3 de Vilagarcía de Arousa durante os próximos meses para resolver os problemas de arquivo de documentación, que denuncian os sindicatos e os funcionarios.
Ademais, engade, que durante os últimos anos leváronse a cabo medidas para minimizar os problemas de espazo que existe para o almacenamento de documentos. Cores Tourís afirma que se habilitaron dous novos espazos no edificio coa intención de ampliar a capacidade de almacenamento tanto de expedientes xudiciais como de pezas de convicción.
Para isto recoñece que se creou un almacén nun espazo non utilizado no garaxe e recuperando a antiga sala de caldeiras que quedara fóra de servizo tras a instalación de novos equipos de climatización.
O delegado da Xunta indicou que se aplicou o Sistema de Xestión de Arquivos Físicos Xudiciais no Xulgado número 1 de Primeira Instancia e Instrución de Vilagarcía etiquetando 23 pezas de convicción e máis de 61.700 expedientes que se recolocaron en 3.535 caixas. Durante esta operación destruíronse 7.449 expedientes e trasladáronse 23.694 ao Arquivo Xudicial Territorial de Pontevedra.
Cores Tourís sinalou que se iniciará neste ano o traballo no arquivo do xulgado número 2 e en 2018 o do número 3 aplicando o mesmo sistema de xestión e o calendario aplicado no de Primeira Instancia número 1
Relacionadas:
-
A Xunta alega que reforzou a presenza de persoal nos xulgados de Vilagarcía con dúas prolongacións de xornada
Por Redacción |
-
Piden á Xunta a creación urxente de dúas prazas para tramitacións nos xulgados de Vilagarcía
Por Redacción |
-
A situación "caótica" do arquivo de documentación dos xulgados da Parda chega ao Parlamento
Por Redacción |
-
Documentos xudiciais apíñanse nos xulgados de Vilagarcía entre reixas e ratas
Por Redacción |