'O camiño por Barro - The Way Barro', un libro para que escriban os peregrinos
Por Redacción
Barro pon en marcha desde este martes 11 pola tarde a campaña 'O libro do camiño por Barro'. O tenente de alcalde, José Sanmartín e a concejla Lea Rodríguez, acompañados por representantes de establecementos hostaleiros na contorna do Camiño ao seu paso polo municipio, presentaban esta iniciativa.
Cada local de hostalería contará cuns libros, que leva por título 'O camiño por Barro - The Way Barro' para que os peregrinos escriban neles todo o que pareza relevante tanto en relación co establecemento como co propio Camiño e as anécdotas que se recompilan durante a viaxe.
A campaña tamén se desenvolve a través da rede social Facebook. Nela, os peregrinos poden publicar comentarios e fotos ao seu paso por Barro, coa idea de ofrecer unha maior visibilidade aos visitantes.