Restricións circulatorias este venres na Caeira por unha carreira infantil
Por Oskar Viéitez
A Caeira sufrirá restricións circulatorias este venres con motivo da celebración da terceira edición da Carreira "Gotas para Níger", que organiza o colexio Sek Atlántico de Poio.
Segundo informou a Policía Local de Poio, entre as 10.30 e as 11.30 horas o tráfico estará cortado nas rúas Illa de Arousa, Illa de Tambo e a rúa Illa Canosa. Durante o transcurso da carreira non se poderán mover quellos vehículos que estean aparcados nestes viarios.
O colexio Sek Atlántico participa, xunto a outros 19 centros educativos de toda Galicia, nunha campaña educativa de Unicef a favor da infancia en Níxer destinada a mellorar as instalacións escolares e a calidade educativa.
O obxectivo desta carreira solidaria é conseguir fondos que permitirían levar auga a 50 escolas máis no país africano.