Socorren un home que caeu ao mar nunha zona rochosa do Grove
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un home era rescatado a últimas horas da tarde deste domingo no municipio do Grove despois de sufrir unha caída nunha zona rochosa na contorna de San Vicente do Grove.
A vítima, que se mantivo consciente durante todo o tempo despois da caída, víase incapaz de saír polos seus propios medios do oco ao que se precipitara.
Uns particulares alertaban ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir dese momento, desde o Centro de Atención de Emerxencias do 112 pasábase aviso a Urxencias Médicas, Bombeiros de Ribadumia, GES de Sanxenxo e aos efectivos de Protección Civil do Grove. Tamén se informaba a axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez que se lograba o rescate, o home foi evacuado en ambulancia polo persoal sanitario ata o Hospital Montecelo para realizarlle un recoñecemento médico.