Un banco corrido para a "sala de estar" dos pontevedreses
Por Redacción
A Ferrería é, segundo o alcalde, como a "sala de estar" de todos os pontevedreses. É un espazo público de reunión interxeracional que merecía contar cun punto de encontro á súa altura. Teno agora co banco corrido que se instalou no muro de peche do xardín de Casto Sampedro, no paseo Antonio Odriozola.
Todo parte dunha petición dos usuarios de maior idade. Solicitaron esta actuación ao Concello para evitar sentar na pedra, sempre fría e ás veces húmida.
Agora, contan cun banco revestido de madeira no que sentar e que este xoves revisou o propio Miguel Anxo Fernández Lores.
A actuación consistiu na retirada do vello peche do muro e a súa substitución por pedras de 40x40 centímetros, que foron revestidos de madeira.
"Detalles como este de calidade urbana e de mellora do espazo público serve para crear unha cidade para todos, unha cidade máis inclusiva ", explicou Fernández Lores.