As Festas de San Roque están pendentes das achegas da Deputación
Por Redacción
A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía traballa dende finais do pasado ano nos preparativos das festas de San Roque 2013.
Para garantir o financiamento necesario para poder deseñar un programa "amplo, variado e de calidade" o grupo de goberno solicitou unha subvención á Deputación a través do Plan de Acción Municipal.
Un dos requisitos que se deben cumprir para acceder a esta convocatoria é presentar un proxecto con previsión de gastos. Tras as xestións que se están facendo e os diversos contactos mantidos, elaborouse unha proposta que está a ser estudada.
Como o seu propio nome di, polo de agora trátase simplemente dunha proposta cuxa materialización dependerá de varios aspectos, como por exemplo da achega que a Deputación poida aportar a través do PAM e que aínda está por resolver.
Segundo divulgou o grupo municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía no apartado musical están programados os concertos de Fangoria, M Clan, Café Quijano e o dj Fonsi Nieto.