O 30 de marzo entrará en vigor a nova ordenanza de ruídos que adapta a Sanxenxo á norma actual
Por Redacción
A nova ordenanza de ruídos do Concello de Sanxenxo entrará en vigor o próximo 30 de marzo, unha vez que quedou aprobada definitivamente tras superar o período de exposición pública sen alegacións.
A nova norma aprobouse no pleno da corporación do mes de novembro e supón un texto adaptado á Disposición Derogatoria única da Lei 12/2011 de Medidas Fiscais e Administrativas e ao decreto 106/2015, sobre Contaminación Acústica en Galicia que establece a obriga dos municipios galegos de adaptar as súas ordenanzas municipais á devandita regulación.
A súa aprobación definitiva converte a Sanxenxo nun dos primeiros municipios galegos en cumprir este precepto e, ademais, dá solución a un problema local: o derivado dos ruídos nos pisos de aluguer. Respecto diso, cabe apuntar que a norma inclúe a responsabilidade subsidiaria dos propietarios dos inmobles polos ruídos causados polos seus inquilinos.
A ordenanza mantén aspectos como a obrigatoriedade de dispoñer de dobres portas para os establecementos de hostalería ou a prohibición de facer ruído nas terrazas para toda a poboación
En canto ao réxime sancionador, a ordenanza recolle o da Lei Estatal de Ruídos, a Lei 37/2003.
Relacionadas:
-
Sanxenxo modifica a súa ordenanza de ruídos para permitir concertos en directo
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepara unha nova ordenanza reguladora das terrazas
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito celebra que o PP se preocupe das terrazas "tras 16 años de pasividade"
Por Redacción |
-
O PP pide ao tripartito unha ordenanza para regular as terrazas da hostalería
Por Redacción |
-
A nova ordenanza de ruídos de Sanxenxo contempla a responsabilidade subsidiaria dos propietarios de pisos de aluguer
Por Redacción |
-
Sete meses afastado da movida nocturna de Sanxenxo por non controlar os seus ruídos
Por Redacción |