Primera visita oficial do subsecretario de Defensa á Escola Naval Militar de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O subsecretario de Defensa, Arturo Romaní, visitaba este mércores a Escola Naval Militar achegándose a bordo da fragata 'Blas de Lezo' procedente de Ferrol, acompañado do almirante xefe do Estado Maior da Armada, almirante xeral Jaime Muñoz-Delgado y Díaz del Río, e do director de Ensino Naval, o contraalmirante Manuel María Romasanta Pavón.
O comandante-director da Escola Naval recibíaos e despois o Batallón de Alumnos procedeu ás honras de ordenanza. O representante do ministerio de Dolores de Cospedal puido comprobar o funcionamento diario da academia militar.
Durante a visita percorreu as instalacións para comprobar como se forman os futuros oficiais da Armada, como son os simuladores de tiro e navegación, o planetario e a biblioteca académica. Tamén observou as lanchas de instrución nas que se preparan os estudantes, ademais dos laboratorios do centro, situados no edificio Isaac Peral.
Visita do subsecretario de Defensa á Escola Naval de Marín 2017
© Escuela Naval de Marín