A Policía detén unha parella de Marín por tráfico de drogas
Por Redacción
A Policía Nacional detivo dous veciños de Marín durante a madrugada do martes por un delito de tráfico de drogas na Praza do Marqués de Valterra.
No marco do Plan estratéxico de resposta policial ao consumo e tráfico minorista de drogas en zonas, lugares e locais de lecer, os axentes policiais identificaron un home e unha muller, intervíndolle unha papelina de cocaína a un deles.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría de Marín, os axentes levaron a cabo un rexistro no vehículo da parella e atoparon escondidos en diferentes habitáculos ocultos do coche un total de 36 papelinas de cocaína, cun peso bruto de aproximadamente 9,5 gramos; unha bolsa hermética que contiña na súa interior cocaína base, cun peso bruto aproximado de 1,9 gramos; unha bolsa hermética con heroína no seu interior cun peso bruto aproximado de 3,7 gramos, e dúas papelinas de heroína cun peso bruto aproximado de 1,9 gramos.
Intervéuselles tamén un total de 110 euros en efectivo, tres teléfonos móbiles, e unha pequena cantidade de xoias.
Os detidos foron postos a disposición da autoridade xudicial.