Ingresan en Psiquiatría a un vilagarcián con numerosos antecedentes por roubos violentos
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Local de Vilagarcía detiveron un home como presunto autor de dous roubos con violencia acaecidos os pasados días 5 e 12 de febreiro.
Este individuo xa fora detido con anterioridade, en concreto o pasado día 26 de febreiro, cando acababa de practicar un tirón. As investigacións iniciadas naquela ocasión permitiron relacionarlle directamente con outros delitos.
Este home conta con 14 antecedentes policiais por feitos similares.
Segundo informaron fontes oficiais da comisaría vilagarciá, este individuo unicamente actuaba por impulsos para conseguir de forma fácil o diñeiro co que custearse as súas doses de drogas.
Tal e como consta no informe policial este home tiña unha forma de actuar moi elaborada xa que contaba con "agochos" para ocultar as roupas coas que cometía os seus delitos, dificultando esta forma a súa posterior identificación.
Ao detido foille decretado o ingreso no servizo de Psiquiatría.