Observación do ceo da cidade e charla da man da Asociación Sirio
Por Redacción
O Departamento de Medio Natural en colaboración coa Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra organiza para os vindeiros días unha observación astronómica e unha charla sobre Apod Nasa 2016, un ano de astronomía en galego.
A observación astronómica será este venres, 10 de marzo, ás 20.30 horas na praza da Constitución. Haberá prismáticos e telescopios para observar o ceo a simple vista, acompañado dunha explicación técnica.
O venres, 17 de marzo, ás 20.00 horas, na Casa da Luz está prevista a conferencia "Apod Nasa 2016 Un ano de astronomía en galego" a cargo de Dositeo Veiga, licenciado en física e membro da xunta directiva da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica.
É o responsable da tradución ao galego do Apod (Astronomical picture of the day) da Nasa no web www.apodgalego.com