Ponte Caldelas "chulea" de varredora
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas adquiría en outubro de 2016 unha máquina varredora. Este dispositivo permitía unha reorganización dos recursos humanos do Concello xa que o seu uso conleva un varrido e baldeado total das rúas do centro urbano nun par de mañás e cun só operario.
Desta forma, a brigada municipal de limpeza pode dedicarse aos outros núcleos de poboación do municipio, segundo apuntan desde o goberno local.
Tanta eficacia chamou a atención de representantes doutros gobernos locais. Pola vila xa pasou un da comarca de Arousa e están previstas outras visitas doutro concello da provincia e tamén da zona da Coruña.
O goberno de Andrés Díaz previu levar a cabo pequenas obras no centro urbano para optimizar o funcionamento desta máquina limpadora. Deste xeito, se rebaixarán superficies nalgunhas beirarrúas, ademais de recolocar algúns sinais de tráfico.
O artefacto supuxo un gasto de 65.000 euros para as arcas municipais pero, segundo o goberno local, mellorou moito a limpeza na zona.