Buscan novas iniciativas para potenciar a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción
A concellería de Festexos de Sanxenxo manterá unha reunión co sector hostaleiro de Portonovo e Adina este xoves, ás 10.30 horas, na Sala Nauta coa idea de buscar propostas para celebrar a Festa da Raia este ano.
O concelleiro Jesús Sueiro levará propostas para que se desenvolva a XII Festa da Raia, que se vai celebrar durante a última fin de semana de abril. Desde o Concello queren levar a cabo novas iniciativas para potenciar o evento coa posta en marcha da ruta "Pincho e Raia", unha cita previa á Festa da Raia, que tería lugar durante as catro primeiras fins de semana do mes de abril.
A proposta sería que cada establecemento hostaleiro de Portonovo ofreza polo menos un pincho, cun mesmo prezo, elaborado con raia. Desta forma, cren que se promocionaría a raia de Portonovo e dinamizaríase a hostalería.
Para desenvolver esta idea, desde o Concello pretenden que se impliquen todos os establecementos e desta forma póidase recuperar un amplo número de visitantes a esta tradicional Festa da Raia, que durante o ano 2016 finalmente tivo que suspenderse despois de terse aprazado ao mes de outubro.
Relacionadas:
-
Os 70 anos de fútbol do Portonovo SD ben valen unha Raia de Ouro
Por Redacción |
-
Cinco pratos diferentes para unha Festa da Raia que promete prezos "anticrise"
Por Redacción |
-
Portonovo apúntase á BTT para promocionar a Festa da Raia
Por Redacción |
-
Dezaseis locais de hostalería participan na primeira Ruta Pincho e Raia de Portonovo
Por Redacción |
-
Dous concertos nun autobús inglés animarán a "Ruta pincho e raia"
Por Redacción |
-
"Pincho e raia", unha proposta para as fins de semana previas á festa de Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo sonda o Grupo Nove para que xestione a parte gastronómica da Festa da Raia
Por Redacción |
-
A veda obriga a aprazar de novo a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |