Estes son os traballos feitos en Pontevedra que compiten polos premios galegos de arquitectura
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra a súa XVII edición dos Premios COAG de Arquitectura coa participación de 158 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre o 31 de xullo do 2014 e o 31 de xullo do 2016. O acto público de entrega de premios celebrarase o 17 de marzo no Teatro Principal de Ourense.
Non hai obras feitas en Pontevedra e a súa comarca na categoría de vivenda, nin rehabilitación, tampouco no deseño urbano e espazos abertos, nin de baixo custo, divulgación e investigación, arquitectura novel e fin de carreira.
Para atopar obras feitas na nosa contorna hai que buscar nos "equipamentos". Nesta categoría preséntanse: o taller para productos artesanais no Mosteiro de Armenteira, en Meis (autoría do estudo pontevedrés Rodríguez-Pintos arquitectos) e o centro social da parroquia pontevedresa de Salcedo (de Santos y Mera arquitectos). Estes dous profesionais tamén compiten cunha "arquitectura efémera", unha sala de reunións feita con palés brancos.
A categoría das "rehabilitacións" é a que máis obras presenta da contorna de Pontevedra, con aspirantes coma a cafetería Latorta, a clínica dental Hermanos Díaz García, o estudo de arquitectura Nan Arquitectos, o da empresa IconWeb, unhas vivendas nas Corbaceiras, a cafetería Mirabous de Combarro, outra vivenda en Salgueiriños, o local do Eirado da Leña, o establecemento Concept Habitat, o restaurante do Grove Sal de Allo e a tapería Loaira, todos eles deseñados por Wencesalao López Velasco.
Nesta categoría tamén está proposta a reforma integral dunha vivenda en Pontevedra, chamada Escama e Pilar, dos arquitectos María Gracia Amandi e Dionisio Jorge De Uña.
O Colexio de Arquitectos de Galicia outorgará este ano o premio especial a toda a traxectoria profesional ao arquitecto Xosé Xavier Suances Pereiro.
Estes son traballos feitos en Pontevedra que compiten polos Premios galegos de arquitectura
© COAG