A socialista Carme Chacón confunde Pontevedra con Ponferrada en Twitter
Por Anxo Lourido
A cabeza de lista do PSC nas xerais de 2011 e aspirante ao liderado do PSOE no último congreso federal, Carme Chacón, quixo manifestar por Twitter a súa oposición á moción de censura que se vota en Ponferrada. En catalán expresaba que lle resulta insoportable que os socialistas teñan pactado co partido dun "acosador sexual" para gobernar:
"Es insoportable como socialista q cualquier día pero sb todo hoy,vayamos a gobernar Pontevedra por el voto d 1 acosador sexual.Yo, contraria"
Carme Chacón quería facer así referencia a Ismael Álvarez, condenado cando era alcalde do PP en Ponferrada. Pero en lugar de citar a cidade leonesa, a política catalá situou toda a polémica en "Pontevedra".
Inmediatamente produciuse a reacción doutros usuarios de Twitter:
@carmechacon es Ponferrada,no Pontevedra,yo también estoy en contra,me da vergüenza
FJ Saavedra Salguero (@Saavedra11) 8 de marzo de 2013
Carme Chacón contraria a pactar con un acosador sexual aunque confunde Pontevedra con Ponferradatwitter.com/carmechacon/st
Sgueina(@sgueina) 8 de marzo de 2013
@carmechacon Ponferrada es una ciudad d la provincia de León en la CC.AA d Castilla y León. Pontevedra es una ciudad d la CC.AA d Galicia
ANTONIOFERNANDEZ (@Anfersantos) 8 de marzo de 2013
Tras uns minutos, Carme Chacón rectificou e xa citou Ponferrada no seu novo tweet despois de borrar o que xa publicara facendo referencia ao goberno de Pontevedra. Non pediu desculpas.