Pontevedra adiantará o investimento do convenio con Acuanorte para non retrasar máis o inicio das obras
Por Alejandro Espiño
Preto de 2 millóns de euros. ÿ o diñeiro que terá que adiantar o Concello de Pontevedra para que poidan iniciarse parte das obras do novo abastecemento de auga. E é que segundo adiantou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, os problemas de financiamento que está atopando Acuanorte cos bancos, obrigan ao goberno local a asumir de vez un investimento que ía ser diferido no tempo.
Todo parte dunha reunión convocada de urxencia entre Acuanorte e os concellos de Pontevedra, Poio, Marín e Sanxenxo para analizar as alegacións que presentaron os municipios que xa recibiron o proxecto e estudar os problemas de financiamento que teñen, non só os concellos para cumprir coa súa parte do convenio, como os da propia Acuanorte.
Mosquera recordou que, como marca o acordo, o 70 por cento do investimento procede de fondos europeos, o 15 por cento apórtao Acuanorte e o 15 por cento restante os concellos. Para que estes poidan asumir esta obra, había dúas opcións, dixo o edil nacionalista: ou ben que o pagasen directamente ou que Acuanorte pedise un crédito e que o abonasen os concellos.
Esta última foi a opción elixida, pero as malas ofertas que recibiu Acuanorte dos bancos fixeron fracasar esta posibilidade. Dos 4 millóns de euros que pedían como crédito, as entidades só lles financian 700.000 euros e a un interese demasiado alto. Por iso é polo que Pontevedra decida adiantar toda a súa parte para poder salvar un escollo que ameazaba cun notable atraso nesta infraestructura.
En todo caso, o Concello de Pontevedra solicitou a Acuanorte que interceda co ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para que conceda a Pontevedra a excepcionalidade de poder pedir un crédito e que este non compute no teito de gasto que marca a lei de estabilidade presupuestaria. De ser así, a obra da marxe esquerda do río, entre Mourente e Marín, se desbloquearía e podería saír a licitación nos próximos meses.
O obxectivo é que a obra non acumule atrasos innecesarios, xa que segundo sinalou César Mosquera, debe estar finalizada en outubro de 2015, porque si non se perderán os fondos europeos. "Non sabemos o que pode pasar non futuro, polo que non podemos perder tempo en certos trámites", concluíu.