A Xunta reitera o seu apoio ás asociacións de loita contra a droga
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda reiterou este martes o apoio do goberno galego ás asociacións de axuda contra as drogodepencias, e destacou a importancia de implicar a toda a sociedade na loita contra esta lacra.
Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e do alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, mantivo unha reunión con representantes da Fundación Galega contra o Narcotráfico.
O vicepresidente destacou que a Xunta ven colaborando ca Fundación dende hai anos, o que permitiu manter a continuidade no funcionamento do servizo de asistencia telefónica -liña 900- de prevención na loita contra o narcotráfico e seguir desenvolvendo todas aquelas actividades encamiñadas a denunciar e erradicar a lacra social que supón o narcotráfico.