O fútbol base de Ponte Sampaio pide "clemencia" ante o lamentable estado de abandono dos seus vestiarios
Por Redacción
Aseos cheos de "hongos y bacterias", buratos na parede polos que entran a choiva e o vento, bichería, gretas que provocan "peligro de desplome". É a situación coa que se atopan a diario os 110 nenos do clube de fútbol base Verdugo cando van adestrar ou xogar ao seu campo na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, segundo denunciaron este xoves o voceiro do PSOE en Pontevedra, Tino Fernández, e dous dos responsables da Asociación Xuvenil Deportiva (AXD) Verdugo, Iago Treus e Jóse Costas.
Os tres compareceron no Concello de Pontevedra para dar a coñecer esta situación dos vestiarios e denunciar a actitude do goberno local e, en especial, do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro Raimundo González, dos que aseguran que coñecen o que ocorre e, a pesar de todo, non fan nada para solucionalo.
"Somos de la zona de Ponte Mierda", lamentou Iago Treus en relación á falta de atención do goberno local á súa parroquia e, en xeral a todo o rural de Pontevedra frenta ao despregamento de coidados que reciben o centro da cidade e os proxectos de mobilidade multipremiados en España e a nivel internacional. Considérano unha mostra da "incompetencia" e a "doble vara de medir de Lores".
O deficiente estado de conservación dos vestiarios centrou as críticas porque consideran, en palabras de José Costas, que "están jugando con la salud de 110 niños". Pero en xeral puxeron sobre a mesa toda a xestión municipal relacionada co campo de fútbol de Ponte Sampaio e criticaron que a Dirección Provincial de Costas xa deu autorización no mes de marzo para actuar na zona e, "oito meses despois, non hai ningún proxecto redactado".
Tino Fernández lembrou que o campo de fútbol non se pode ampliar porque está en terreos de Costas, pero a delegación provincial si autorizou en marzo a petición do Concello para facer actuacións de menor tamaño. En concreto, autoriza a instalación de herba sintética, pero non ningunha actuación nos vestiarios, de modo que a situación que denuncia o Verdugo non tería solución.
Iago Treus asegura que se puxo en contacto con responsables de Costas "para pedir clemencia" e se comprometeron a autorizar a actuación dos vestiarios no momento en que o Concello presente un proxecto para a actuación, pero denuncia a falta de interese municipal, pois no seu proxecto só se fai referencia á herba sintética.
O PSOE presentará unha moción para o seu debate en Pleno ante os "defectos de xestión máis que evidentes" do gobierno local sobre este asunto coa intención de que se aprobe instar ao alcalde a "dar as instrucións oportunas" para elaborar con carácter de urxencia un proxecto de actuación sobre os vestiarios do campo de fútbol para a súa autorización polo Servizo Provincial de Costas co obxectivo de proceder a súa rehabilitación integral.
José Costas e Iago Treus piden ao resto de grupos políticos municipais "que se unan a Tino" porque é un "escándalo" que se den situaciones como que, durante un partido, sus hijos tengan "que cagar en el río" porque los vestuarios están inutilizados.
Relacionadas:
-
Heroes de Ponte Sampaio pide ao Concello que compre as leiras situadas fronte ao colexio da parroquia
Por Redacción |
-
Actuación de "urxencia" en Ponte Sampaio, á espera do novo campo de fútbol
Por Alejandro Espiño |
-
Os deteriorados vestiarios do campo de Ponte Sampaio serán renovados
Por Alejandro Espiño |
-
O PP lamenta o "tempo perdido" en Ponte Sampaio pola "desidia" do goberno local
Por Redacción |
-
Reclaman a Costas a desafección de máis de 20.000 metros cadrados en Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |
-
Unha rede municipal de campos de fútbol de herba sintética, novo reto para o rural pontevedrés
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello pide a Costas a innecesariedade dos terreos do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Redacción |