Once policías locais causan baixa por gripe o primeiro día do operativo navideño
Por Alejandro Espiño
Os arrefriados parecen facer estragos na Policía Local. Ata once axentes -dos catorce que integraban un das quendas- non se presentaron a traballar. Aseguraron ter gripe, segundo puido saber PontevedraViva.
Esta inusual situación coincidiu co inicio do operativo do Nadal de tráfico que a Policía Local puxo en marcha este xoves 22 de decembro.
Dos tres axentes que si traballaron, un deles ocupa o posto de telefonista na comisaría local. En todo caso, o servizo quedou cuberto por axentes que decidiron incorporarse ao traballo de forma voluntaria para cubrir estas baixas inesperadas.
Varios axentes mesmo mostraron a súa disposición para renunciar aos seus días libres, pero non se incorporaron finalmente á quenda por estar fóra de Pontevedra.
Fontes municipais consultadas por PontevedraViva non quixeron valorar a situación que se viviu este mércores na Policía Local. Aseguran que se pronunciarán respecto diso unha vez reciban mañá os partes de traballo diarios e consulten cos encargados do corpo.
Estas baixas médicas masivas na Policía Local coinciden no tempo co conflito laboral aberto co goberno municipal e que levou a un nutrido grupo de axentes a protagonizar unha intensa campaña de mobilizacións contra o Concello.
Entre outras cuestións organizativas, estes axentes reclaman unha negociación cos seus representantes sindicais para que se equipare o seu salario cos funcionarios municipais do seu mesma categoría.