Os construtores celebran o incremento das rehabilitacións en Pontevedra
Por Redacción
A patronal dos construtores pontevedreses detecta "brotes verdes" na actividade do seu sector. Iso si, non na construción propiamente dita senón na rehabilitación de edificios. Así o destacaron os directivos de APEC, a asociación provincial de empresarios da construción, que se reuniron este martes coa concelleira de Urbanismo, Carme da Silva.
O seu presidente, José Luis Campos, explicou que APEC comprobou que na cidade de Pontevedra notouse un incremento notable desta actividade.
Neste sentido, Carme da Silva trasladou aos construtores a aposta "decidida" do goberno municipal por converter a rehabilitación de edificios nun "nicho de mercado" para este sector.
Así, trasladoulles que nos últimos meses adoptáronse melloras nos procesos de xestión administrativa que permita axilizar a concesión de licenzas nesta materia, algo que os construtores valoraron positivamente, segundo informou o Concello.
Ademais, o goberno municipal asegura que na reunión tamén se abordou a situación do urbanismo en Galicia e que, ambas as partes, coincidiron na "inconveniencia" de aprobar un novo PXOM en Pontevedra coa actual lexislación, apostando por continuar operando co plan vixente.