Emerxencias de Sanxenxo sufoca un incendio nun taller na Barca
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo acudiu este venres para sufocar un incendio nun taller na Barca, no concello de Poio.
O incendio declarouse sobre as 11.30 horas nun coche dentro do taller. Os propios traballadores do centro de reparacións foron os primeiros en actuar mentres chegaban os servizos de emerxencias. Os bombeiros tiveron que empregar escuma e ventilar o local.
Non se rexistraron danos persoais.
A pesar da súa proximidade o Parque de Bombeiros de Pontevedra non foi alertado polo 112 atendendo ao protocolo que establece o mapa de emerxencias de Galicia.
REACCIÓN DO PP DE POIO
Para o Partido Popular este incendio na Barca demostra que “o convenio dos bombeiros é máis necesario ca nunca"
Mediante un comunicado o voceiro popular, Ángel Moldes, lamentou que os servicios de extinción tivesen que vir desde Sanxenxo, a máis de 20 quilómetros, "habendo un parque de bombeiros a menos de 1 quilómetro do lugar do incidente e en territorio de Poio".
Dende o PP volven solicitar o alcalde de Poio, Luciano Sobral que negocie un convenio co seu homólogo pontevedrés para que os bombeiros de Pontevedra poidan actuar en Poio e recordan que os servizos de extinción son competencia municipal.