AEMPE organiza unhas xornadas técnicas para empresarios
Por Redacción
O presidente de AEMPE, José María Araújo, afirma que se comeza a ver movemento de actividade empresarial en Pontevedra, sobre todo relacionado co cambio tecnolóxico. Neste sentido fai un chamamento para que o pequeno e mediano comercio teña perspectivas de futuro abríndose ao sistema online.
Precisamente para adaptarse aos novos tempos, durante o martes 20 e o mércores 21, os empresarios que pertenzan a AEMPE teñen a oportunidade de participar nunhas xornadas técnicas que se desenvolverán na Casa das Campás. Ao longo desta cita, seis expertos como a avogada Carlota Sánchez, o analista informático Julio Fernández ou o catedrático Jaime Cabezas tratarán distintas cuestións relacionadas coa actividade empresarial ofrecendo relatorios nas que se analizarán cuestións como o control de horarios, a regulación da protección de datos, os contratos temporais ou a innovación empresarial en Galicia.
Ademais, tamén se ofrecerá unha mesa redonda sobre a Universidade, a empresa e o emprendemento. A conferencia de clausura correrá a cargo de Borja Echegaray, secretario xeral da Cepyme.
Estas xornadas técnicas son gratuítas e limitadas ao aforamento da Casa das Campás, que se sitúa sobre os 75 asistentes. Para inscribirse é necesario enviar un correo a aempe@aempe.com ou no 986.866.376 ou apuntarse nas oficinas situadas na rúa Virxe do Camiño.