A "patrulla canina" visita Sanxenxo para compartir un día cos máis pequenos
Por Redacción
Familiarizarse coas mascotas domésticas e aprender nocións básicas sobre o seu coidado. Con ese obxectivo, membros da protectora de animais de Cambados visitaron este martes a escola infantil O Tombo. Pero non foron sós, senón acompañado de varios cans.
Esta particular "patrulla canina" foi recibida con agarimo e moita sensibilidade na escola infantil, deixándose acariñar polos máis pequenos e compartindo durante máis dunha hora unha actividade formativa que aos poucos irá rotando por todos os colexios do municipio.
Medrando Xuntos é unha proposta didáctica da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Coral González-Haba, na que participan dez centros escolares do municipio coa intención de sensibilizar e educar aos nenos e mozos sobre a tenencia responsable de animais.
Os voluntarios da protectora explicaron aos nenos que ás mascotas hai que consentilas moito e ser moi responsables do seu coidado, nunha linguaxe adecuada á idade dos alumnos, todos eles menores de 3 anos.
Coral González-Haba considera fundamental comezar a traballar cos escolares conceptos tan importantes como a responsabilidade para cunha mascota, unha idea básica para alcanzar o obxectivo do abandono cero.
Medramos Xuntos é un proxecto sinxelo e innovador, de carácter educativo e familiar, que trata de sensibilizar e comprometer aos máis pequenos no coidado dos animais en xeral e das mascotas en particular, que nace coa finalidade de promover campañas educativas nos colexios.