A friaxe supérase bailando break na Peregrina
Por Redacción
Quen dixo frío?
Polo menos, o grupo de mozos que durante a pasada noite mostrou todas as súas habilidades na Peregrina non mostraron unha soa expresión nas súas caras mentres bailaban baixo os compases rítmicos do break. Coas súas camisetas de manga curta e, en ocasións, ata sen elas moveron os seus pés, brazos e cadeiras para ofrecer diferentes contorsións durante varias horas na Praza da Peregrina. Alí expandiron os seus colchóns e con acompañamento dunha base rítmica e un micrófono para os sons vocais ocuparon o espazo coma se dunha sala de baile se tratase.
A exhibición destes mozos foi seguida por numerosos curiosos que paseaban polo ámbito da capela e paráronse a ver os espectaculares movementos de baile en pleno centro de Pontevedra.