Sanidade garante que o plan funcional do Gran Montecelo "no va a ser hecho desde un despacho"
Por Alejandro Espiño
Pontevedra é unha "prioridade" para o Sergas nos próximos anos. Así o destacou este luns o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. E dentro deste traballo, o Gran Montecelo -a ampliación prevista do hospital pontevedrés- centralizará gran parte dos esforzos da administración galega.
"Vamos a definir un modelo para los próximos 30 o 40 años, tenemos mucha ilusión y queremos compartirlo con los profesionales del complejo", explicou o titular de Sanidade, que garantiu que o plan funcional do novo Montecelo, cuxa redacción está a piques de ser contratada, "no va a ser hecho desde un despacho".
O Sergas quere que toda a comunidade sanitaria de Pontevedra, entre eles xefes de servizo, supervisores, médicos, enfermeiras e demais traballadores públicos,"puedan aportar la experiencia que tienen". Ademais, este plan será comparado con outras áreas de Galicia "a nivel de servicios" para adaptar a oferta que se prestará en Montecelo.
Ademais, en 2017 o Servizo Galego de Saúde espera ter redactado tamén o Plan Especial de Montecelo, que determinará os "volúmenes" que se crearán dentro da parcela elixida para o novo hospital e que, lembrou Vázquez Almuíña, deixará ao Hospital Provincial "fuera de la asistencia de agudos".
O Provincial fixo, reiterou o conselleiro, un labor "muy importante" todos estes anos, pero o goberno galego entende que "ahora mismo" cos novos tipos de servizos sanitarios que existen "ya no se adapta a él".
A preguntas dos xornalistas, Jesús Vázquez Almuíña explicou que a Xunta consignou só un millón de euros nos orzamentos de 2017 porque "es lo que haremos este año", un diñeiro co que se fará o plan funcional, o plan especial e dar inicio ás expropiacións "en una parte importante".
En todo caso, engadiu que a ampliación de Montecelo supoñerá un investimento "superior", ao superar os 120 millóns de euros.
Con este novo hospital, o Sergas busca dar un "servicio de calidad" aos pontevedreses durante os próximos 40 anos, adaptado ás "nuevas necesidades" da poboación, polo que terá un maior carácter ambulatorio, máis medios de diagnóstico, máis camas para coidados intensivos ou máis espazo para a reanimación de pacientes.
Relacionadas:
-
O Plan Funcional do novo Montecelo dá os primeiros pasos
Por Redacción |
-
E a Xunta rectificou e ampliará Montecelo despois de perder sete anos
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras augura os "peores presaxios" para o "pequeno gran Montecelo"
Por Oskar Viéitez |
-
O edificio xudicial da Parda, principal investimento para Pontevedra da Xunta
Por Redacción |
-
Feijóo garante que o Gran Montecelo estará "terminado ou case terminado" en 2020
Por Alejandro Espiño |