As rotondas de Poio, protagonistas do Nadal
Por Redacción
As rotondas do municipio de Poio teñen este Nadal un protagonismo especial, concentrando a iluminación contratada polo Concello.
O orzamento para este fin elévase ata os 17.000 euros, 6.000 euros máis caro que o ano pasado. Obviamente, non só as glorietas están decoradas en Poio. Ata o próximo 9 de xaneiro tamén se iluminarán as árbores do parque de Ferreirós, a igrexa de Campelo e algúns arcos de luz pola principal estrada do municipio, a PO-308.
Desde o Concello de Poio deseñaron unha programación cultural que inclúe as visitas do Papá Noel e o Apalpador, que acudirá aos centros escolares antes do inicio das vacacións.
Un certame de panxoliñas e dúas tardes de contacontos en Raxó e Campelo súmanse a unha programación que completa a tradicional cabalgata de Reis.