Arde parte dun Belén diante da igrexa vella de Marín
Por Redacción
Un incendio iniciado de madrugada calcinou parte dun Belén de grandes dimensións instalado no exterior da igrexa vella de Marín con motivo das festas de Nadal.
O Nacemento está nas escaleira de acceso ao tempo, na Rúa do Sol, e, segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, o lume afectou especialmente ás alpacas de palla que o decoraban.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 2.00 horas desta madrugada para alertar da situación. Segundo indicou, a orixe do lume debíase a un problema na instalación eléctrica, aínda que as causas aínda hai que concretalas.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou os Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil e á Policía Local.