Moito que dicir no día das persoas con discapacidade
Por Redacción
Este sábado día 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade e con tal ocasión a Organización de Xordos de Galicia realizará a campaña "Non me mitifiques polo nome" a través dos distintos medios de comunicación, e colgando cartelería por toda a cidade de Pontevedra.
Entre outros obxectivos pretenden que a cidadanía faga máis visible esta discapacidade sensorial coa que conviven diariamente na nosa cidade.
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu tamén estivo presente nos actos conmemorativos do Día Internacional das Persoas con Discapacidade desenvolvidos no Centro de Promoción da Autonomía Personal de Bergondo (A Coruña).
O director do FICBUEU, Manuel Pena, presentou cinco das curtas máis aclamadas pola audiencia nas nove edicións do certame e dinamizou o debate coas persoas con discapacidade física usuarias deste centro do Imserso, as súas familias e os traballadores.