Dúas persoas feridas nun accidente na Porteliña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha colisión frontal entre dous vehículos na PO-308 deixou o balance de dúas persoas feridas.
O suceso produciuse pouco antes das 8:00 horas da mañá deste venres, na Avenida da Porteliña.
A aparatosidade da colisión fixo que o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informase os Bombeiros de Pontevedra e O Salnés, xa que a persoa que trasladou a alerta aseguraba que había unha persoa con dificultades para saír do vehículo.
Unha vez no lugar, os bombeiros comprobaron que os feridos estaban xa liberados.
Os feridos, condutores de ambos os coches, foron atendidos polos profesionais de Urxencias Médicas.