O impulso do tecido comercial na Pontevedra do século XX levou incrementar a presenza da muller no ámbito laboral urbano. Elas eran fundamentalmente as que se encargaban, ben da venda ambulante de verduras, froitas, tecidos, etc..., ben de atender tras os mostradores dos comercios. Con todo, esa visibilidade da muller na actividade comercial, non era sinónimo de independencia económica, nin de igualdade salarial. Aquelas mozas pontevedresas tiñan un salario que entregaban en casa, co cal seguían dependendo do que logo lles daban para un cinema ou un café. E se despois de casadas, tiñan ocasión de continuar con aquela actividade fora do fogar, este seguía reclamando as súas "obrigacións" totalmente en solitario.
Así o relataba Mari Carmen "a emperatriz" nos seus artigos para o Diario de Pontevedra, traballos que como sinala Ramón Rozas tiñan un aderezo reivindicativo e feminista, excepcional practicamente naqueles anos. Tan excepcional, como Dolores Trabado, a única muller en España na década dos 20 con carné de conducir. E outra Dolores, a "señora Lola", dedicada a limpar o equipamento e material do club granate.