Colas espectaculares arredor do Sexto Edificio do Museo para escoitar a César Bona
Por Redacción
Unha gran ringleira de persoas ao longo de Cobián Roffignac evidencia a expectación que provocou a visita do mestre e escritor César Bona, que visitaba o Sexto Edificio do Museo para, da man de Cronopios e de Onda Cero, ofrecer a súa visión sobre o sistema educativo de España.
A xornalista Susana Pedreira desenvolveu unha entrevista co autor nun encontro no que tamén participaron os asistentes realizando comentarios e preguntas.
César Bona aproveitaba para presentar o seu segundo libro Las escuelas que cambian el mundo, despois do gran éxito obtido con La nueva educación. O autor convida a coñecer de primeira man algúns dos casos que se rexistraron no panorama educativo poñendo en práctica as súas experiencias nas que apenas utiliza os libros de texto e busca que os estudantes sentan importantes.
Este aragonés quedou entre os 50 finalistas ao mellor profesor do mundo na primeira convocatoria do premio Global Teacher Prize.