Nova imaxe para a Rúa da Pedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Bueu deu a coñecer o proxecto de humanización da Rúa da Pedra.
Alí atópanse centros educativos, o pavillón municipal e o centro de saúde, polo que o goberno local apostará pola ordenación do espazo.
"Como se trata dun vial altamente sensible, o proxecto priorizará a seguridade peonil", sinalou o alcalde, Félix Juncal.
Ademais da seguridade o proxecto, valorado en algo máis de 387.000 euros, mellorará a accesibilidade na zona e tamén os servizos, ao estar contemplada a separación das augas pluviais e residuais dentro do plan de saneamento levado a cabo nos últimos anos.
Co proxecto xa elaborado, o Concello de Bueu buscará agora financiamento para levalo a cabo coa idea de poder realizar a obra ao longo de 2017.