Queres formar parte das bolsas de emprego para cubrir baixas e vacacións en Sanxenxo?
Por Redacción
Terra de Sanxenxo iniciou un proceso de selección de persoal para a creación de catro bolsas de emprego que permitirán á administración local elaborar unha listaxe de traballadores dos que dispoñer en función das necesidades de cada servizo.
A fórmula leva utilizándose meses e agora é necesario renovar a selección. A nova terá validez ata decembro de 2018 e permitirá cubrir diferentes postos de traballo en caso de baixas laborais ou vacacións dos titulares das prazas.
A convocatoria é para auxiliar administrativo, auxiliar de axuda a domicilio, técnico deportivo e socorrista para piscina e o prazo de presentación de solicitudes concluirá o 28 de novembro.
Os interesados deberán achegar á instancia toda a documentación que xustifique o cumprimento dos requisitos recollidos nas bases, que poden consultarse na web do Concello.