En marcha o operativo de xeadas
Por Redacción
O Concello de Pontevedra, a través da empresa concesionaria da limpeza viaria, Cespa activou o pasado día 15 os operativos de xeadas, que consisten en ter previstos medios técnicos e humanos específicos para o caso de que fose necesario actuar por esta circunstancia meteorolóxica.
O operativo fixa a localización de tres puntos de acopio de fundente na cidade que son:
- A nave de Cespa, no Campiño
- A nave de Cespa, en Mourente
- As instalacións de Cespa na rúa Alfonso XIII
Ademais, ponse a disposición permanente un furgón da brigada para as intervencións urxentes.
Neste operativo fíxase que cando a temperatura baixe dos tres graos suspenderase calquera tipo de baldeo ou o emprego de auga na vía pública.