Marín asina convenios cos comerciantes e coa Asociación española contra o cancro
Por Redacción
O goberno local de Marín asinou este luns senllos convenios cos comerciantes pertencentes á Asociación Estrela de Marín e coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
O Concello de Marín mantén a súa liña de axuda vía convenio coa AECC a través dos orzamentos municipais. Esta mañá, a súa presidenta en Marín, Emilia Rey, acudía a reunirse coa alcaldesa María Ramallo para plasmar nun convenio esa axuda que repercutirá no labor que desde a asociación realizan aos enfermos de cancro.
O importe do convenio son 4.000 euros anuais que se achegan de maneira nominativa, así como a colaboración que nalgunhas das súas actividades precísanse.
ESTRELA DE MARÍN
Seguindo a liña de actuación, a presidenta da Asociación Estrela de Marín, Isabel Torres, mantivo un encontro coa alcaldesa ao obxecto de asinar o convenio que con carácter anual subscriben co concello.
O obxectivo do mesmo é contribuír a través dunha subvención nominativa do orzamento municipal por un importe de 2.000 euros que contribúen as campañas que se realizan desde a asociación para fortalecer, dinamizar e mellorar o comercio local.