A Consellería do Mar abre este domingo a campaña extractiva da centola e do boi
Por Redacción
A Consellería do Mar abriu este domingo a campaña extractiva da centolla e o boi nas provincias de Pontevedra e A Coruña a petición do propio sector. Nas áreas que van desde Cabo Corrubedo a Cabo Estaca de Bares e de Cabo Corrubedo ata A Guarda, a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies puido calar os aparellos a partir das 00.00 horas desta madrugada e poderá levar os exemplares capturados á lonxa deste luns 14.
A campaña deste crustáceo prolongarase ata o inicio da veda do ano 2017, que se fixará a través dun Plan de Xestión. A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilogramos por barco e día, ao que se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo.
Poderán participar nesta campaña todas aquelas embarcacións con artes menores e con porto base en Galicia, así como aquelas que tendo o seu porto base noutras comunidades autónomos conten con permisos especiais para faenar nas augas das rías galegas.