Extinguen un lume nunha casa de Caldas de Reis
Por Redacción
Incendio nunha casa de Caldas de Reis. O lume declarouse a última hora da tarde do martes e afectou a boa parte da vivenda, situada no lugar de Follente, en Bemil.
Segundo indicou o 112, as chamas arrasaron por completo o último o tellado e o último piso da construción.
O 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa particular ás 18:40 horas da pasada tarde para explicar o que estaba a ocorrer. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse aos Bombeiros do Salnés e ao GES de Valga. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.
O lume quedou extinguido cara ás 20:30 horas. Aínda que houbo diversos danos materiais, ninguén resultou ferido.