Portos de Galicia instalará en outubro cámaras de vixiancia no peirao de Tragove
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5064bb196cc9e-jjcoalcalde1.jpg)
Concello de Cambados
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo unha xuntanza co alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e co vicepatrón maior da Confraría San Antonio, Francisco Miser, para anunciarlles a próxima instalación no recinto portuario de Tragove dun dispositivo de cinco cámaras de vixiancia (catro fixas e unha móbil) co obxectivo de mellorar o control emaila seguridade na zona.
Cambados será un dos primeiros municipios da ría cuxo porto contará con este sistema de videovixiancia, o cal ten como obxectivo fundamental evitar roubos e actos vandálicos nas instalacións portuarias de Tragove, onde se produciron recentemente algúns episodios delictivos de danos contra a propiedade e o mobiliario.
O investimento do ente público neste servizo ascende a unha partida de 150.000 euros para as radas da primeira quenda. O vindeiro ano dotaráse outra partida para estender este sistema de vixiancia aos portos de A Illa de Arousa, Vilaxoán, Vilanova e O Grove.
A empresa adxudicataria iniciará a instalación do sistema durante o vindeiro mes de outubro e os técnicos consideran que as cinco cámaras serán suficientes para cubrir todo o perimetro do amplo recinto, incluindo os edificios e os principais accesos a Tragove.
Este sistema de videovixiancia era unha das principais necesidades de Cambados, pois o recinto de Tragove conta cun gran número de embarcacións, fábrica de xeo, lonxa, depuradora e empresas que precisan un maior control e vixiancia para evitar incidentes como os padecidos con anterioridade.