Cuntis dotará ao rural de áreas de xogo con bambáns
Por Redacción
O Concello de Cuntis acometeu a mellora do parque infantil da Feira, na praza da Constitución. O orzamento total da obra foi de 49.997,41 euros.
O alcalde, Manuel Campos, anunciou que a próxima semana esta instalación tamén contará cunha randeeira adaptada ás persoas con discapacidade, unha dotación que tamén reclamara o grupo municipal de Veciñanza.
Con estes traballos complétase a mellora das dúas áreas de xogo máis importantes na zona urbana da vila, pero o goberno local tamén prentende dotar de parques infantís ás zonas do rural.
O estado anterior do parque infantil da Feira e o incumprimento da normativa vixente facía que fora necesaria a mellora e o acondicionamento por motivos de seguridade e hixiene.
Agora ampliouse a zona de caucho para que os xogos non interfiran nas areas de seguridade doutros e aumentouse o espesor do caucho co fin de reducir as lesións por risco de caída en altura.
Ademáis retirouse a zona de area que foi substituída por céspede artificial que é moito mais limpo e precisa menor mantemento. Así mesmo instalouse un cartel informativo, un conxunto modular de xogo e o peche cunha varanda de madeira.