Combarro, Campelo e Lourido, preparan un novembro cheo de diversión
Por Redacción
Chegado o outono, e con él o frío, a festa e a tradición volven da man a Poio. É tempo de castañas e como non podía ser de outro xeito, en Poio darán boa conta delas. Combarro, Campelo e Lourido, inician este sábado un novembro cheo de diversión, recollendo o testigo á Festa da Castaña en San Martiño o vindeiro día 10, rematando o día 20 de novembro co magosto organizado pola Asociación de Veciños Ronsel do Sartal.
Un ano mais, a Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Lidia Salgueiro Piñeiro, colabora e apoia estas iniciativas, tendo en conta que ademais de manter viva unha tradición tan arraigada en Poio, a veciñanza atopa un lugar onde compartir un bo rato, desfrutar da boa música e deste produto tan propia destas datas.
- 5 de novembro:
- Magosto en Combarro: Praza de San Roque, a partir das 17 horas. Ameniza o Grupo Folclórico os Berberechiños. Organizan: AC. Ateneo Corredoira e ACR Combarro.
- Magosto en Campelo: Praza da Granxa, a partir das 19:30 horas, coa actuación musical do Trío Azabache. A festa infantil con inchables e animación terá lugar a partir das 16 horas. Organiza: AV Campelo.
- Magosto en Lourido: Costa Xiráldez, a partir das 20 horas. A música correrá a cargo dos grupos de música tradicional O Son das Ondas e Reitesías. Organiza: AVCeD Lourido
- 10 de novembro:
- Festa da Castaña, a partir das 20:30h e festas en honra a San Martiño (10, 11, 12 e 13 ) e verbena co Trío La Noche e Dúo Cache. Organiza: Comisión de Festas San Martiño
- 11 de novembro:
- Magosto no Centro Social "Casa Rosada" Organizan: Concellería de Benestar Social e Igualdade
- 12 de novembro:
- Magosto (a partir das 20H) en Samieira. Organiza: SCD Samieira
- 19 de novembro:
- Magostos en Vilariño, na Seca e en San Salvador, a partir das 20 horas. Organiza: Agrupación de Veciños, AV Boureante e AC Divino Salvador, e música das agrupacións folclóricas de Poio.
- 20 de novembro:
- Magosto no Sartal, a partir das 16:30 horas Organiza: AVC Ronsel