Telmo Martín pide ao tripartito de Sanxenxo que deixe gobernar ao PP
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín, compareceu en rolda de prensa para reclamar ao goberno tripartito, que lle deixe gobernar. Nun paralelismo coa situación que levou ao Mariano Rajoy á presidencia do Goberno de España, Telmo Martín tamén pide "responsabilidade" ao PSOE, SAL e BNG.
O ex alcalde referiuse á situación vivida no último pleno municipal no que o concelleiro non adscrito Roberto Agís, anteriormente membro do goberno local, sumou o seu voto aos oito edís do PP logrando unha maioría absoluta que aprobou unha baixada do IBI maior que a proposta do tripartito.
"A falta de un gobierno estable es la oposición la que está impulsando medidas en favor de los vecinos de Sanxenxo", declarou.
Non é a primeira vez na que Telmo Martín lanza esta mensaxe. Como este mesmo luns el mesmo se encargou de lembrar "mucho antes de que se evidenciara la debilidad del tripartito el PP ha hecho ofertas muy generosas", dixo.
Entre outras, Telmo Martín citou as conversas co grupo Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL) para chegar a un pacto de goberno, unha negociación de 16 horas ao comezo do mandato que viviu un novo intento ao cumprirse un ano. Ademais o PP tamén se ofreceu a asumir durante tres meses a xestión para sacar adiante o parque empresarial. Tamén lembrou a súa proposta de facer un regulamento para mellorar a participación e a transparencia "que el gobierno acogió con muy buenas palabras, pero nada más".
"El tripartito no funciona hay que buscar una solución", argumenta Telmo Martín, polo que insiste que "el PP ofrece a los vecinos un gobierno mejor, más estable y mucho más eficaz".
"En política hay que saber darse cuenta cuando una situación ha llegado a su fin", di Telmo Martín.
"Le pedimos públicamente al tripartito que reflexione y si su prioridad es el interés general que dejen gobernar al partido que ganó las elecciones con un 41% de los votos, por cierto, doblando al segundo", insistiu o portavoz popular.
Segundo Telmo Marín, se goberna o PP en Sanxenxo "en poco tiempo demostraremos que las cosas pueden ir mucho mejor" polo que empraza ao actual alcalde, Gonzalo Pita e aos seus compañeiros no grupo de goberno a "buscar una salida digna si anteponen el interés general al suyo propio" xa que entende que "la dinámica en la que se han metido sólo puede llevarles a una situación mucho peor".
"En política hay que saber darse cuenta cuando una situación ha llegado a su fin", concluíu Telmo Martín.
Relacionadas:
-
A oposición forza unha baixada do IBI maior da prevista polo tripartito de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín afirma que é un "clamor popular" que o goberno local de Sanxenxo "está sen rumbo"
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín critica a "ineficacia" do goberno local de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda pídelle a Telmo Martín que recupere a unión no PP de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |