Dous octoxenarios feridos na colisión frontal entre dous coches en Montecelo
Por Redacción
Dúas persoas de arredor de 80 anos resultaron feridas sobre as 12.00 horas deste luns nun accidente de circulación rexistrado na avenida de Montecelo.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro consistiu na colisión colisión frontal entre dous coches a moi poucos metros da entrada do Hospital Montecelo. Segdo informou a Policía Local, un dos turismos estaba conducido por unha muller de 82 anos e outro por un home de 76.
A Policía Local de Pontevedra tivo coñecemento do accidente e alertou ao 112, que, á súa vez, tamén solicitou a presenza no lugar de Urxencias Médicas de Galicia 061, que enviou ao lugar persoal sanitario para a súa atención no propio lugar do sinistro. Non foi necesario o seu traslado a ningún centro sanitario.
Tamén se informou aos Bombeiros de Pontevedra e a Protección Civil, pero non foi necesario que finalmente os bombeiros se desprazasen ata o lugar do accidente.