A parroquia de Santiaguiño do Burgo cumpre 20 anos
Por Redacción
Este 1 de novembro cúmprense 20 anos da creación da parroquia de Santiago Peregrino do Burgo, desvinculándose de Santa María a Maior e da do Divino Salvador de Lérez.
Con tal ocasión organizáronse unha serie de actos para lembrar as súas orixes e os comezos tan difíciles pola precariedade económica, o templo en obras e outras vicisitudes que este luns detallou en rolda de prensa o cura párroco, Luís Alcántara.
Programa de actos
- Domingo 6 de novembro,
- 13.00 horas. Misa solemne presidida polo Arcebispo de Santiago e cantada pola Coral Parroquial.
- Ao rematar inaugurarase a exposición "A Parroquia no Camiño", comisariada por Rafael Sánchez-Agustino.
- Sábado 12 de novembro,
- 19.00 horas. Inauguración da exposición "O Catecismo en marcha".
- 20.00 horas. Conferencia "O Burgo Pequeno na historia", e presentación do libro "Á beira da Santiña", relator e autor Mario Galego Rey.
- Sábado 26 de novembro
- 20.00 horas. Conferencia de Celestino Lores Rosal "O Burgo no Camiño Portugués a Santiago"
- Venres, 2 de decembro
- 21.00 horas, Concerto das corais de Sobradelo, do Colexio de Avogados e do Burgo
- Sábado 10 de decembro
- 19.30 horas. Inauguración do Belén parroquial e concerto do Coro dos Antigos alumnos do Insitituto.
Relacionadas:
-
Os socialistas instan o arranxo da rúa da Santiña
Por Oskar Viéitez |
-
O Burgo celebra un ano máis as festas na honra do seu patrón, o Santiaguiño
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Burgo, 20 anos de aposta polo deporte coa Carreira Pedestre Santiaguiño
Por Diego Espiño |
-
A rehabilitación da ponte do Burgo será "menos ambiciosa" do previsto inicialmente
Por Alejandro Espiño |