Fabas con berberechos ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Chegamos á cuarta entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das conservas PESCAMAR e un dos produtos estrela de Galicia: o berberecho.
PESCAMAR selecciona berberechos só das Rías Galegas, onde alcanzan grandes poboacións, e recóllense de xeito artesanal mediante o marisqueo a pé e a flote.
Este molusco posúe un alto contido en ferro, o que o converte nun grande aliado fronte á anemia. Ademais, achega proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, convérteno nun alimento ideal nas dietas de adelgazamento.
Para preparar unhas saborosas fabas con berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR e gambas, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 tarro de fabas cocidas
- 1 lata de berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR
- Gambas frescas peladas
- Aceite de oliva virxe extra
- Ceboliña
- Allos
- Perexil
- Viño fino
- Sal e Pementa
Elaboración:
Escorremos das fabas a auga de conservación. Reservamos.
Poñemos un fondo de aceite nunha cazola. Sofritimos a ceboliña, 2 dentes de allo e un pouco de perexil. Todo previamente picado.
Cando a mestura estea ben refogada, incorporamos as gambas e salteamos.
Vertemos un chorro de viño fino e deixamos evaporar o alcol.
Engadimos a lata de berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR co seu mollo e as fabas reservadas.
Deixamos ferver o conxunto 5 minutos, movendo a tixola en círculos para que engorde a salsa.
Rectificamos de sal e servimos deseguido.
En poucos minutos, xa temos preparada unha receita exquisita que admite varias posibilidades: servida como entrante en cazolas individuais ou como prato principal. Nuns días, farémosvos chegar unha nova suxestión culinaria de "A cociña gourmet en conserva", con Conservas PESCAMAR.
Relacionadas:
-
Sopa de mar ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Croquetas de berberechos ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Berberechos en verde ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Atún "mirotón" ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Espaguetes á mariñeira ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Tomates recheos de atún claro ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
"Sardinillas" con pementos, unha nova proposta gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Ventresca á provenzal, unha nova receita gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Arroz con mexillóns, unha receita gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |