Un voitre negro deixa Vigo e visita a capital
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A parroquia pontevedresa de Cerponzóns foi a última localidade en deterse no seu singular periplo un enorme exemplar de voitre negro. A pasada semana foi sorprendido en Praia América e Panxón, e recentemente foi visto na Gran Vía, en Vigo.
Este luns o paxaro era sorprendido o tellado dunha casa de Cerponzóns.
Segundo precisan os expertos de Seo-Birdlife, este voitre preeiro habita as agrestes serras do centro e o oeste da Península, así como as ásperas serras costeiras de Mallorca.
O voitre negro é un xigante de case tres metros de envergadura que conserva no noso territorio as súas mellores poboacións de todo o mundo. Trátase dunha especie estritamente forestal que sitúa os seus niños en manchas de bosque mediterráneo e piñeirais.