Ponte Caldelas non quere que ningunha cooperativa controle a feira da vila
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Ponte Caldelas está agora en pleno proceso administrativo de renovación anual das licenzas para os postos do mercadiño. O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e remata o 1 de decembro.
A feira de Ponte Caldelas está ocupada ao 100%, a pesar de que a súa capacidade foi ampliada este verán de 100 a 112 postos. A pesar deste incremento de capacidade, siguen a recibirse novas solicitudes nunha listaxe de espera que achégase xa ás 20 peticións.
Cada posto adxudícase individualmente a unha persoa física.
O Concello ingresa a taxa en transferencia bancaria en función dunha cota fixa anual e unha parte variable en función dos metros lineais e a situación de cada posto. "Os postos só se outorgan por medio de licenzas individuais, sen falsas cooperativas", din dende o Goberno local tripartito, composto por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, que aposta, con estas dúas medidas, por unha "total transparencia na xestión".
A feira de Ponte Caldelas ocupa a zona máis próxima á pasarela sobre o río Verduxo e espállase pola Alameda, que é o seu foco central, xunto coa avenida de Vigo, praza de España, praza do Bispo, rúa Marín e rúa do Emigrante.
A feira se celebra os días 5 e 20 de cada mes. A última novidade foi a creación dunha gran bolsa de aparcamento na zona do Balneario (limitada a dirección de saída para posibilitar o estacionamento en ambas marxes). Este operativo está a dar moi bos resultados.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas celebra na primeira fin de semana de febreiro a súa feira de oportunidades
Por Redacción |
-
Os feirantes de Ponte Caldelas deben renovar a súa licenza antes do 1 de decembro
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas incrementa nun 110% o importe do convenio de apoio ao comercio local
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas converte o tramo do Balneario nunha gran zona de aparcamento para os días de feira
Por Redacción |
-
Cambios no tráfico en Ponte Caldelas para os días de feira
Por Redacción |