O outono chega con festa ás escolas infantís
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os escolares da quenda de mañá das escolas infantís O Tombo e O Revel celebraron unha festa infantil temática sobre o outono nas instalacións de ambos os centros.
Nesta ocasión, os nenos xogaron e manipularon froitos e follas características desta época do ano, como laranxas e castañas.
Con elas participaron na elaboración dun mural no que, entre outros aspectos, reflectiron os tipos de árbores aos que se lles caen as follas no outono.
A través de actividades específicas, os pequenos, menores de tres anos de idade, traballaron cuestións como a cor, a forma ou a textura dos diferentes froitos.