Chuvasqueiros preparados para unha fin de semana chuviñenta
Por Redacción
As Rías Baixas atópanse nunha situación intermedia durante este venres 15 entre as altas e as baixas presións.
Segundo as previsións do servizo de Meteogalicia, espérase a chegada dunha nova fronte chuviosa durante a noite. A partir do mediodía, os ceos iranse cubrindo polo oeste e comezarán as precipitacións polo litoral, que se converterán en xeneralizadas durante a noite. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, con xeadas débiles en zonas altas, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos situándose entre os 8 e os 18 graos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados, con intervalos fortes no litoral norte.
Durante a xornada do sábado, Galicia quedará baixo a influencia dunha borrasca centrada preto de Irlanda, que achegará un tempo inestable. Desta forma, predominarán os ceos parcialmente nubrados, con chuvascos irregularmente repartidos, que sobre todo influirán no sur da provincia de Pontevedra. As temperaturas ascenderán para situarse entre os 13 e os 19 graos. Os ventos soprarán de componete sur moderados.
Non se esperan cambios significativos para o domingo. A influencia das borrascas e os ventos de compoñente sur deixarán choivas durante toda a xornada. As temperaturas apenas sufrirán cambios.
O luns continuará a inestabilidade atmosférica con alta probabilidade de precipitacións. A partir do martes predominarán as altas presións. Espérase unha baixada da probabilidade de precipitacións. As temperaturas serán frías de madrugada con valores agradables durante as horas centrais do día.